Lobos Doentes. Capítulo 52

“Por favor, non quero morrer, non quero morrer, non quero morrer de esta maneira, non quero que me maten como un can! Quero vivir, quero vivir, quero vivir! Non teño culpa de ser como son... Son un enfermo, son un enfermo, son un enfermo mental... Como Gustavo... Igual que Gustavo...”. Francisco compara a súa pederastia coa enfermidade mental de Gustavo. Ricardo Gallego non está disposto a permitirlle ao asasino da súa cuñada semellante comparación e toma unha decisión que non ten volta atrás. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/310123LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Ángela Arias, intérprete de Clara.