Lobos Doentes. Capítulo 64

Gustavo Gallego e Sánchez Pereiro teñen algo que celebrar. “Viñemos hoxe aquí, Suso, porque Gustavo, este amigo meu, quería celebrar algo cun viño especial. Que nos aconsellas?”, pregúntalle o policía a Suso ‘O Gaiteiro’. Racións variadas e viños de calidade non van faltar en Cabanas. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/160223LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Henrique Sanfíz e Xosé Luís Axeitos no roteiro de Lobos Doentes.