Lobos Doentes. Capítulo 68

A noite de San Xoán vai suceder algo especial no Pazo de Vítor Ferreño. “O único home que nestes momentos ten capacidade para abrir as portas desa guarida é xaponés e chámase Akio”, desvela Blasco a Sánchez Pereiro namentres comparten whiskys e confidencias no piso clandestino do policía vigués. Lobos doentes é unha adaptación da novela do mesmo nome de Antonio Tizón. Pode escoitarse en Radio Fene todos os dias de luns a venres, ás 9,15 da mañá e ás 21,15 da noite. Dirixida por Eugenia Sanmartín e producida por Son Radiofusión.

http://173.255.131.18/audio/220223LOBOS.mp3

Fotografía Xan Xe.

Na imaxe, Ángel Simón, intérprete de Akio.