Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 40

Eran as dez en punto da mañá cando decidín parar no cemiterio de San Epitafio, atraído polo son das campás da igrexa, que se erguía a escasos metros da sucesión de tumbas que eu xa divisaba, entre as que axiña distinguín unha figura humana ao pé do panteón da familia Gallego Tenreiro. Pronto descubrín que se trataba de Emilio, que, máis ca rezar, semellaba falar coa súa nai morta. 

Deseguida coloqueime ao seu lado e comecei unha conversación con el.

Fotografía: XanXe