Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 42

Soou o espertador a primeira hora da mañá e, despois de almorzar algo rápido sen facer ruído para non espertar a nena, saín tamén eu da casa sen entrar na habitación de Gustavo, para evitar o risco de espertalo, evitando a gana de velo e preguntarlle como pasara a noite, se lograra por fin conciliar o sono. Tras a xornada memorable do día anterior en Ferrol chegamos á Coruña xa de madrugada, os dous satisfeitos e moi cansos, polo que pensei que esta vez conseguiría durmir a perna solta. Non sabía eu daquela como funcionaba unha mente bipolar en estado maníaco, porque, se o soubese, pasaría de ir ao traballo e levaríao a Urxencias para que o tratasen na sección de Psiquiatría. 

Fotografía: XanXe