Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 47

Todo o mundo estaba de acordo nunha cousa: tiñas que cambiar de psiquiatra, e o novo psiquiatra, que empezou a tratarte pouco despois de librar da mili, foi recomendado por Paloma Salgado, outra das túas mulleres imposibles, a quen tiven ocasión de coñecer por aquela época, unha muller que sempre mantivo unha relación moi especial contigo e que, cando te volveu ver en febreiro do 84, se preguntaba se serías a mesma persoa que ela coñecera a noite de fin de ano do 81, na que quedou engaiolada contigo, coa túa simpatía, coa túa forma de contar as cousas, engaiolada como nunca e pra sempre, porque nada nin ninguén destruirían o entusiasmo que a desbordou aquela noite, 

Fotografía: XanXe