Madriña. “O Caso de Ramiro Gallego Tenreiro”. Capítulo 51

Aquel día palpábase unha especial excitación na comisaría. Acababan de ser detidos, non todos aínda, pero si varios membros de dous grupos especialmente violentos que perpetraban incidentes continuos no centro e nas aforas da cidade. Foi Márquez, como sempre, quen me deu os principais detalles. 

“Os dous casos que che vou encomendar, Clara, teñen a violencia como factor común”. 

Fotografía: XanXe