Rosalía, poeta na beira do mar

Fotografía Fanny González

Ábrese o podcast coa conversa dunha muller nova e a súa avoa, xentes do Seixo en Mugardos. Marica, mestra, escritora e gaiteira, marcha a traballar a Escocia. A avoa que a criou a despide. Elas falan de Rosalía de Castro, que ambas len con admiración, da necesidade, das mulleres e das relacións cos homes. Capítulo un da serie escrita e dirixida por Eugenia Sanmartín, nas voces do grupo de teatro Teruca Bouza.