Achéganse posturas

Achéganse posturas
11 de Xuño, 2019 - 11:53 h. | Publicada por Radio Fene

BNG e PSOE de Fene achegan posturas. Nacionalistas e socialistas reuniránse de novo ás oito desta tarde. Acordo unicamente para a elección de alcalde, pacto de lexislatura ou colaboración no goberno con areas de traballo repartidas entre as forzas políticas. Son as posibilidades que esta tarde se poñerán enriba da mesa.

ESCOITA O PODCAST:
Mar Piñeiro (PSOE) e Juventino Trigo (BNG)

En principio o BNG non ten preferencias, segundo manifestou o candidato a alcalde Juventino Trigo. O PSOE acude a esta reunión, aberto ao diálogo, segundo a cabeza de lista Mar Piñeiro. Precisou que os socialistas renovaron a súa candidatura e están abertos ao diálogo. Fene ten un carisma de esquerda, indicou Piñeiro.

Pola súa banda, Esquerda Unida Fene reitera nun comunicado o seu apoio á lista máis votada de esquerdas nas pasadas eleccións, "para así propiciar o goberno de esquerdas que nos foi pedido pola veciñanza". Nos comicios locais, o PP logrou 6 concelleiros igual que o BNG, por 4 do PSOE e 1 de Esquerda Unida.

Institucional

Comentarios

¿Qué gran diferencia hay a nivel MUNICIPAL entre izquierda y derecha? Siempre con la misma cantinela... La cuestión es, querer hacer alcalde a una persona que en unos meses os va a volver a hacer lo mismo que hace 3 años, por mucha disculpa de tener una candidatura diferente por poner a un cabeza de lista diferente. Sentido común y mover el ayuntamiento es lo que hace falta y menos bla bla bla.
Nome: 
Juan

Pois mire vostede se hai diferencias entre esquerda e dereita: No mandato que agora remata houbo un alcalde de ESQUERDAS que promoveu bolsas de emprego PÚBLICO, perfectamente transparentes e que se podían consultar, logo veu un alcalde de DEREITAS que o que fixo foi mediante unha empresa privada dicirlle a esta a quen podía ou non podía contratar. Un alcalde de ESQUERDAS que sacaba a concurso PÚBLICO as obras que se realizaban e ao que se presentaban ata mas de 30 empresas nalgunha ocasión, logo veu un alcalde de DEREITAS que gastou miles de euros en empresas a dedo que nas facturas poñían "amaño de camiños" (así en xeral, sen ningunha transparencia")... Pero vostede siga con ese conto tan extendido sempre polo mesmo lado de que "¿Qué gran diferencia hay a nivel MUNICIPAL entre izquierda y derecha?"
Nome: 
José Manuel

Publica o teu comentario agora