Un caldo de gloria

Un caldo de gloria
14 de Febreiro, 2020 - 12:58 h. | Publicada por Radio Fene

Fixen un caldo de gloria, que me soubo ¡que la mar! A poesía de Rosalia de Castro fala do caldo galego, sopa tradicional de verzas, fabas e unto.. "Gústanos o caldo con moitos grelos" afirma a directiva do Círculo de Perlío Mariola Hermida.

Mariola Hermida, directiva do CCRD Perlío

Hermida falounos da II Festa do Caldo Galego que organiza o CCRD Perlío este sábado. Porque en Galiza temos amor polo caldo. Ás nove da noite comezará a cea despois dun aperitivo musical. Ao remate coroará a festa un baile con Jorge Latino. Pero o importante é o caldo que, sendo un prato tan galego e tan popular, non tiña unha festa de seu. Cocíñano os directivos do casino de Perlío. O ano pasado saíulles moi ben, di fachendosa,  Mariola Hermida. Hai xente preinscrita pero podería haber sitios libres aínda ata completar o aforo. Recoméndase realizar a reserva no número de teléfono 981 34 02 83

Sociedade

Comentarios

Antiobiotic Without Precription [url=http://apcialisle.com/#]Cialis[/url] Viagra Vente Tunisie <a href=http://apcialisle.com/#>Buy Cialis</a> Generic Viagra Pages Edinburgh
Nome: 
EllFupeKC

Publica o teu comentario agora