Orgullosos do comportamento dos feneses

Orgullosos do comportamento dos feneses
18 de Marzo, 2020 - 10:51 h. | Publicada por Radio Fene

Cada dia que pasa sen que en Fene se detecte ningún contaxio, é un gran logro, afirma a concelleira responsable de seguridade de Fene, Sandra Permui.

ESCOITA O PODCAST:

“Os vecinos e veciñas de Fene cumplen totalmente. Estamos moi orgullosos da nosa xente, tan respetuosa e concienciada” Son palabras da concelleira de Fene, responsable de Seguridade e Persoal. As súas atribucións no goberno local fan que sexa, mentres dure a crise, a persoa que xunto co alcalde máis responsabilidade ten. Falamos con Sandra Permui das medidas adoptadas polo concello de Fene desde que empezou a crise.

A policía local ten un cometido primordial, informar e concienciar á veciñanza para que cumpla as normas establecidas e saia da casa o imprescindible. As rotondas e as entradas ás grandes áreas comerciais son  algún dos lugares onde a súa presencia é máis relevante. Por suposto velar porque a normalidade reine en Fene. Segundo declarou Sandra Permui, o tráfico é case nulo durante a xornada, únicamente aumenta a primeira hora da mañá cando a xente vai ao traballo. (Imaxe da Avenida Naturaus de Fene onte a media tarde)

Falando de traballo, o 80% do plantel municipal realiza o seu desde a súa casa, cumplindo a recomendación de teletraballo. Permanecen na casa do concello, pechada ao público salvo en casos de urxencia, o 20%. Estes cubren a conserxería, para dar contestación ás chamadas que se reciban, o padrón, o rexistro de entrada, rexistro de facturas e obras e servizos. Unha curiosidade que nos transmite a edil fenesa é que o cemiterio municipal só abre para os enterros nesta situación de alerta na que só poden acompañar ao finado 25 persoas. Fene tamén puxo a disposición das autoridades sanitarias os pavillóns de A Xunqueira e O Ramo, así como o ximnasio da Casa da Cultura por se se producise unha situación de emerxencia.

Todo o personal municipal, maiormente o equipo de traballo a domicilio, contan con equipos de prevención de contaxios; luvas, máscaras e hidroxeles . Protección Civil de Fene colabora moito nesta situación de crise, realizando as compras a persoas que non disponen de coche, por exemplo, un labor que merece o aplauso do concello.

Atribúe Sandra Permui as aglomeracións que se produciron o primeiro día nun supermercado en Vilar do Colo, ao nerviosismo da xente que non sabía como actuar e as ordes cambiaban rápidamente. Xa non volveu ocurrir desde que as propias áreas comerciais xa toman medidas. Persoal de obras e servizos proceden estes días a desinfectar e extremar a limpeza de marquesinas, bancos ou contedores do lixo.

Os colexios permanecen pechados e o profesorado que traballa desde a casa está enviando as tarefas escolares ao alumnado para que non pare a súa formación. Nalgúns centros permanecen por turnos membros do equipo directivo.

O alcalde, Juventino Trigo, afirma Sandra Permui, está en permanente contacto con outras administracións, entre elas a Delegación do Goberno para estar ao día nas novas medidas que se dicten e á súa vez informando dos incidentes que se produzan. “Estamos diante dunha situación nova e polo tanto tomámola con traballo e responsabilidade” declara a concelleira fenesa, Sandra Permui. Engade que cada día que pasa sen que en Fene se produza ningún contaxio, é un gran logro.

Institucional

Comentarios

No en todas las parroquias de Fene es así... Ayer, día 18 de marzo a las 14:30 en la Avda Marqués de Figueroa, en frente del banco Santander, iba una señora de unos 50 años con una adolescente de gancho paseando un perrito y unos pasos más adelante una pareja paseando otro perro..... Allí quedaba una pareja de guardia civiles hablando con ellos.... Creo que deberían multarlos y dejarse de tanto hablar a ver si se conciencian un poco ya de una vez..... Maniños, Barallobre pertenecen a Fene y también sean dado su paseo en este día varias personas,.... No es para estar tan orgullosos
Nome: 
Gloria

Publica o teu comentario agora