O barrio de San Valentín aplaude cada día ao persoal sanitario

O barrio de San Valentín aplaude cada día ao persoal sanitario
30 de Marzo, 2020 - 10:46 h. | Publicada por Radio Fene

O CPS de San Valentín fai honor ao principio de solidaridade que reina neste barrio de Fene. A disposición da veciñanza se puxo desde o minuto un do confinamento. Aí está para resolver calquer problema, afirma a directiva do CPS, Alba García.

ESCOITA O PODCAST:

O barrio de San Valentín en Fene fáise maior. Aquela xente que veu traballar no estaleiro fixo as vivendas nos anos 70 e hoxe ten os seus anos. Por iso, mesmo se coñeceron as restriccións de non sair á rúa, o CPS de San Valentín pensou neles e brindouse a “facerlle os recados” ás persoas máis sensibles ao contaxio do coronavirus. Para iso colocou en cada portal de cada bloque de vivendas uns carteis sinalando este xesto solidario. Finalmente non fixo falta porque, explica a directiva do CPS Alba García, o concello brindou este servizo a través dos Servizos sociais municipais. Foi o propio CPS quen lles remitiu ás persoas que se acolleran a esta axuda especial. O barrio de San Valentín é un barrio compacto e moi solidario. Por iso cada día ás 20.00 horas sae ás ventas e aplaude a todos os traballadores e traballadoras da sanidade. E çontanos Alba que a esa hora hai dous vecinos que axudan poñendo a música a tope para acentuar máis se cabe o agradecemento aos profesionais da sanidade; Mosquera e o conserxe do colexio A Xunqueira. O CPS propagou entre a veciñanza as medidas fundamentais para evitar os contaxios: quedar na casa, manter a distancia de seguridade entre eles e a hixiene de mans. Brínda a directiva do CPS, Alba García, a axuda telemática do Centro de Promoción Social para o que precisen e manifesta as ganas que teñen de poñerse a traballar con moitas ganas cando remate esta situación de alarma sanitaria. Confírmanos que non se ve a ninguén nas rúas do barrio, que a xente respecta a alarma. Pero cóntanos unha curiosidade; vése xente paseando polos faiados dos bloques, onde se tende a ropa porque, xustifica Alba, “a xente maior ten que moverse para manter a forma e para curar a ansiedade que provoca esta situación”.

Sociedade

Comentarios

Bo día. Non entendo moi ben esta noticia. En que axuda concretamente o cps?
Nome: 
Maika

Volve a leela que o pon claramente.
Nome: 
EVA

Eva. Apraudir, Unha axuda que non foi necesaria pq se fixo cargo o concello e axuda telemática. Non vexo mais. Qué tipo de axuda telemática???. Que tipo de problemas podemos facerlles chegar e en cales teñen alcances eles para aportar tales axudas?. Parecería moi interesante e mais Ainda necesario que especificaran . Graciñas
Nome: 
Maika

Publica o teu comentario agora