ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Sobresaínte para os participantes no obradoiro Máis Memoria dos Servizos Sociais de Fene. Justina e Carlos acertaron as propostas do monitor, Fernando Bermúdez. O mércores chega á sintonia de Radio Fene o outro espazo, Recordando o noso.
Justina Casariego acertou as dúas cancións que lle propuxo o monitor, Fernando Bermúdez, no Obradoiro Máis Memoria na nova entrega que se fai a través de Radio Fene en tempo de confinamento. "Algo de mi" e "Negra sombra" compuxeron o apartado musical do programa esta semana. No mesmo espazo, Carlos Seco, acertou tamén con sobresaínte as palabras propostas a través do seu significado. Un 10 para os dous. Justina pasa o confinamento entretida cos seus labores. Confesou que non saíu á rúa aínda porque ten medo aos contaxios e vai agardar un pouco antes de dar o paso. Carlos Seco obsequiounos cos recordos que ten do cine, ou dos cines, porque empezou na infancia no cine Cardoeiro de Maniños, seguiu polo Adriano e de mozo acabou no Perla. Houbo bromas no programa a conta do que se ligaba no cine naqueles anos 70, aproveitando a escuridade en plena película.
Para esta semana, o monitor, Fernando, lanzou un novo reto: empregar a man que normalmente non usamos, para coller un vaso, levar a comida á boca ou cepillar os dentes. Os destros deben usar a man esquerda e os zurdos, a dereita. Facédeo durante un día enteiro para que traballe o cerebro. O convite é para os membros do obradoiro Máis Memoria pero tamén para calquera ouvinte do programa, que se emite todos os luns ás 12h no 107.7 da FM. Os mércores á mesma hora chegará o obradoiro “Recordando o noso” que tamén forma parte das Tardes Activas, unha proposta dos Servizos Sociais municipais para persoas maiores de 65 anos.
Comentarios
Osu Propecia Acheter
Publica o teu comentario agora