“21 días: En la piel de un jugador” (Cuatro, 00:15 h.)

Programa: 
Televisión

Adela Úcar, a moza condenada a tragar con todos os proxectos que Samanta Villar decidiu deixar logo de probar as tres semanas fumando porros e de rodaxe porno -os máis interesantes na nómina do programa- mergúllase desta volta nunha vida de ludopatía. Pasará os días entre o glamur dos hipódromos e os casinos nos que se xoga ao póker, sempre asociados á mística do cine -xa de crebar, facelo con estilo-, pero tamén, e isto é de agradecer, entre a adicción de barrio que supoñen os bingos. Neles a mulleres madrileñas que acoden á súa cita coa fortuna con cartóns salpicados de auga bendita e cuspe de santeiros e fregados contra figuriñas dos patróns dese oficio, San Pajares e San Esteso. “21 días en la piel de un jugador” emítese en Cuatro quince minutos despois da medianoite.