“Callejeros: Poligoneros” (Cuatro, 22:45 h.)

Programa: 
Televisión

Os medios de comunicación aínda se refiren aos mozos do polígono como esa rapazada desarraigada, que aprendeu a se vestir entre o Bershka e os filmes de Mad Max, que se droga para aturar o baleiro dunha vida co mesmo futuro ao que lle cantaban os Sex Pistols, e que, como non lles chega para hipoteca, fan do seu coche con neóns o seu verdadeiro fogar. “Dime de onde vés e direiche quen es” é a redución que adoitan facer os medios, que asocian ao polígono esta tribo de novo cuño. O que non din é que, cos núcleos das cidades transformándose en urbanizacións exclusivas para ricos dos que poden pagar o imposto do patrimonio, o polígono é o refuxio cara o que nos van empurrando a todos. Estamos a uns anos de rebautizarnos como Jessi  e calar a viseira de medio lado. Ao tempo.

“Callejeros: Poligoneros” emítese en Cuatro a partir das once menos cuarto da noite.