“Cine: Millenium 2” (Cuatro, 22:30 h.)

Programa: 
Televisión

Cuatro rescata os filmes duns personaxes, Blomkvist e Salander, destinados a perdurar como a estraña parella do noir contemporáneo. A coprodución europea loga transcender o aire a telefilme para ofrecer unha boa adaptación dese mundo macabro que se agocha trala pulcritude da avanzada sociedade sueca. Feito que ten mérito agora que Hollywood puxo toda a súa maquinaria a disposición do tantas veces xenial David Fincher para rodar a versión canónica da historia. Mentres non chega esa adaptación, non imos mal servidos coa que Cuatro programa para as dez e media desta noite, a segunda parte da triloxía ou, para os entendidos, a da moza que soñaba cun misto e un bidón de gasolina.