“Cinema: As mulleres perfectas” (TVG, 00:30 h.)

Programa: 
Televisión

Nesta historia a prol da igualdade e da corresponsabilidade, Nicole Kidman interpreta a unha muller do seu tempo, executiva, agresiva e explosiva cun elevado sentido da familia á que o mundo se lle esnaquiza cando a despiden do seu traballo de directora dun medio de comunicación. A resaca do paro inclúe o traslado cos seus a unha comunidade de veciños na que todas as familias son extremadamente felices grazas a que as mulleres se encomendan ao coidado do fogar con esmero e á satisfacción permanente dos seus maridos, estes con sorriso de papón na faciana. Algo cheira a podre detrás de tanta submisión e velaí radica o misterio desta sátira contra a muller como floreiro. Emítese na TVG media hora despois da medianoite.