ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Non dubido en que, por este camiño, chegará o día no que nos teñamos que botar con fachos á rúa para perseguir déspotas. Polo de agora, como aínda mantemos o sentido cívico, seguimos acatando ordes e, se o Executivo autonómico, como en Madrid, convida a abrir as portas da tenda 24 horas, pois ti cumpres para manter o sustento e desbotas as cousas superfluas, como durmir ou ver medrar aos teus fillos, aos que despedirás unha mañá cun bico na cabeza camiño da escola e volverás ver cando te conviden á súa voda.
O programa de reportaxes “Comando Actualidad” vive a xornada de pequenos empresarios que traballan 16 horas cotiás para non afogar no mar da competencia. “Abierto hasta en domingo” emítese a partir das dez da noite en La 1.