“El Hormiguero: Jennifer Aniston e Adam Sandler” (Cuatro, 21:30 h.)

Programa: 
Televisión

Nada debe de haber máis tráxico que te consideren a noiva de América, sexas unha solteira desprezada publicamente e que, para colmo de males, a túa carreira se sosteña grazas á rodaxe dunha comedia romántica detrás de outra. Xa todos coñecemos que a ex protagonista de “Friends” tivo a torpe idea de deixar ao seu antigo mozo, Bradd Pitt, rodar un filme coa por entón solteira Angelina Jolie en pleno desenvolvemento do instinto maternal do maior sex-symbol dos últimos anos. Cando Aniston veu os bicos en pantalla do seu mozo con eses beizos de cinemascope da rival morena decatouse de que aquilo tiña máis de documental ou cinema verité que de ficción. Dende entón, acumula algún soado fracaso sentimental, e acumula a compaixón de todo o star-system que mira con condescendencia a súa vida sen parella: “Pobriña, co feitiña que é, debe de estar impedida”. Esta noite acode a “El Hormiguero” co seu novo galán de ficción, Adam Sandler, un cómico cuxo éxito en Estados Unidos aínda non somos quen de explicar. Pero ese é un misterio demasiado grande que tentaremos resolver outro día. Estarán en Cuatro ás nove e media da noite.