“El Intermedio: Iñaki Gabilondo” (La Sexta, 21:30 h.)

Programa: 
Televisión

Para que “El fin de una época”, que así se chama o libro, me acabe por encantar, estou disposto a ver “El Intermedio” en La Sexta esta noite, a onde o xornalista entre xornalistas pintará un pouco a mona, como é preceptivo facer se un quere sobrevivir na recreación esperpéntica que El Gran Wyoming fai cada noite da chamada caverna mediata que prefiren 9 de cada 10 espectadores da TDT, xa non por gusto, senón porque non existe fuxida.  A Gabilondo, con quen se poden compartir ou non ideas, pero ao que hai que recoñecerlle certa separación da información como circo, algo ao que si estaban máis afeitos os seus rivais Losantos ou P. J., gustará velo rebaixar por un día o ton de mestre. Será a partir das nove e media da noite.