“Final Copa do Rei de Fútbol” (TVE, 21:30 h.)

Programa: 
Televisión

Unicamente unha goleada madrugadora por parte de Madrid ou Barcelona podería provocar unha desbandada masiva dos seus afeccionados correspondentes cara outros programas e impedir que a retransmisión do último encontro do torneo copeiro non varra a maioría absoluta do share cara os audímetros de Televisión Española. Todos comprenderíamos que o resto de cadeas desen a noite libre aos seus traballadores, xa non só polo inútil do seu esforzo, senón porque eles deben devecer tamén por atender ao partido. Vendido pouco menos que como o guerracivilismo peneirado polo balompé, analízanse todas as diferencias posibles entre merengues e culés, e a min arrepíame que non se saliente nin tan sequera unha soa semellanza: por exemplo, que malia as preferencias de cadaquén, ambos comparte o mesmo propósito tirano sobre o xogo máis popular. Celebremos os nos aliñados que, cando remate o partido, nós non teremos que soportar ningún tipo de crucifixión por parte do bando rival. O partido do século, polo menos até que se volvan enfrontar en poucos días, retransmítese ás nove e media da noite en La Primera.