“Granjero busca esposa” (Cuatro, 22:30 h.)

Programa: 
Televisión

Nin os guións evidentes, nin a posprodución dun programa que se emite xa despezado e envasado para o consumo tras semanas de gravación, poden coa poderosa narrativa e as situacións verdadeiramente hardcore que acontecen na convivencia entre os homes de campo, dende grandes terratenentes a pequenos labregos, e as súas aspirantes a noiva, de perfil urbanita. Algúns aínda nos estremecemos lembrando a escena, só son, sen imaxes, na que a única granxeira que pasou polo programa rachaba coa súa familia, asumía perder a herdanza do caserío familiar, e marchaba ao Sur a vivir co seu novo amor, coñecido no programa. Mentres os audímetros de Telecinco rebentan con esa goma de mascar que é “Acorralados”, os indies televisivos ímola gozar con “Granjero busca esposa”, que recunca a Cuatro a partir das dez e media da noite.