“Hospital Central” (Telecinco, 22:30 h.)

Programa: 
Televisión

Telecinco abre esta noite unha vez máis as portas de “Hospital Central”, a máis lonxeva das series que se emiten na televisión española. Fíxense como sería a cousa que cando comezaron os seus capítulos os hospitais públicos aínda non eran privados, a sanidade era universal e gratuíta e o sistema non se viña abaixo (seica daquela non había hordas de estranxeiros dos que supostamente non veñen a España a ver a Alhambra, senón a operarse da tiroides). Pertencen esas lembranzas a un pasado tan afastado da nosa actualidade como as orixes do drama de romances médicos que, mutatis mutandis, cumpre 20 tempadas. O Central é agora mesmo o único hospital que non padece recortes e por iso incorpora novos actores, cameos e tramas para facerse un lifting e volver á grella. Revívenlle as constantes vitais a partir das dez e media.