200 novos socios e socias contra o infanticidio feminino en Salem

Programa: 
Onda Rural

O acto de presentación contou coa presenza do actor Luís Tosar, que se fixo socio da ONG durante a rolda de prensa e que posteriormente animou á cidadanía a que se fixera socia, acompañando a Implicadas como un voluntario máis.

Implicadas presentará esta campaña nunha cidade diferente cada mes, ademais de desenvolver actividades paralelas que darán comezo no mes de outubro e que continuarán ata xuño de 2011: a noite de música e palabra solidaria “Implícate!”, a exposición “Os meus ollos, as túas mans”, e a actividade con centros de ensino “200 Palabras”, son algunhas delas.

Todos os que queiran asociarse a Implicadas nesta campaña tan só deberán abonar unha cota mensual de 12 euros, e darse de alta previamente a través do formulario da súa páxina web, www.implicadas.com