A A.C. Alexandre Bóveda adiántase ao 75 cabodano do galeguista no XIV Memorial de Teatro Ibán Toxeiro

Programa: 
Músicas e Letras

O programa do Memorial de Teatro Ibán Toxeiro completarase coas intervencións de Isabel Blanco e Sabela Hermida cun fragmento de Rosa de dous amores de Emilio Carballido; Caramuxo Teatro con Historias dunha semente de Juan Rodríguez; e Luís Zahera cun monólogo de autoría propia. Ademais, a banda coruñesa Loretta Marttin aderezará toda a velada con música en directo e entregarase o III premio Alexandre Bóveda de teatro amador a Xosé Redondo.

Raimundo Martínez, secretario do colectivo, comentou en Radiofusión que Redondo “é un pioneiro do teatro amador en Galicia que por unhas razón ou outras non ten a relevancia que se merece e, por iso, pensaron nel”.

O XIV Memorial de Teatro Ibán Toxeiro servirá para lembrar a este actor que comezou a súa carreira na Asociación Alexandre Bóveda, ademais de traballar noutros grupos teatrais. Unha bolsa da Deputación da Coruña permitiulle ampliar os seus estudos de arte dramática en Madrid, pero tras unha función faleceu vendo truncada a súa vida.