A Bala Perdida de Manuel Rivas estrearáse en setembro

Programa: 
Músicas e Letras

Mediante o uso combinado dun estilo visual que lembra aos “realismos educativos” do tempo da Guerra Fría e dun deseño de personaxes próximo ás correntes da ilustración actual; pretende conectar cos gustos estéticos e as preocupacións vitais dos espectadores de agora e ao mesmo tempo servir de adecuado soporte audiovisual á actualización do mito pirata (tanto en aparencia coma en ideoloxía) que Rivas acomete con grande acerto na súa novela.

O seu argumento é o seguinte:

Rosa Ribeiro O’Flaherty dirixe, dende o falecemento do seu pai, o pequeno periódico familiar. O Celtic News, que así se chama, non é un xornal calquera. Editado nunha vila da Costa da Morte chamada Atlán que intenta ser independente de calquera poder hexemónico e voceiro dos que nunca lles dan a palabra. Tal vez por iso ódiao tanto o cacique da zona e as súas páxinas van cubertas das pequenas, pero importantes para a xente común, noticias que non caben nos medios de comunicación “importantes”. Certo día, Rosa recibe unha estraña visita; son membros da tripulación do barco pirata Bala Perdida, unha lenda para toda a Costa da Morte.