Broche de ouro á carreira profesional de Rosalina Celada

Programa: 
Onda Rural

A nai das matronas, Lina, como é coñecida na Coruña, precisa con orgullo que foron exactamente 43 anos e cinco meses adicados a un traballo vocacional. “Si volvese a nacer sería matrona” declarou convencida en Radiofusión Rosalina Celada. Non agardaba este premio pero o seu longo traballo para o desenvolvemento e loita dos intereses do seu colectivo fixéronlle merecedora este ano dunha das Medallas Castelao que distinguen a cidadáns galegos cuxa traxectoria profesional serva de referente a futuras xeracións. 

Durante estes anos mudaron moito os cometidos das matronas. “Temos moitas máis función agora que cando empezábamos. Agora coidamos especialmente á muller durante o embarazo, ao neno recén nacido, ofrecemos educación maternal e atención as nais no post-parto”.  A súa contribución na formación de futuros profesionais destacouse á hora de concedérselle este galardón e tamén o seu empuxe á hora da creación da Asociación galega de Matronas en 1984.

Declárase namorada da súa profesión, do contacto coa muller que agarda a un fillo, o achegamento co neno xa nacido pero onde fai máis fincapé é no fomento da recuperación da lactancia materna. Xa xubilada, colleita os froitos do seu traballo cando se atopa cos nenos e nenas que trouxo ao mundo e aínda que con certa vergoña explica que resulta do máis fermoso. 

O vindeiro 28 de xuño recollerá a súa Medalla Castelao xunto ao resto de premiados, a cantante Luz Casal, o pintor e escultor Antón Lamazares e o escritor César Antonio Molina. Un broche de ouro a unha intensa carreira profesional.