Coas cores do Perlío e do Barallobre

Programa: 
A Bancada

E unha casualidade pero foi motivo de comentario esta mañá nos actos de inauguración. Foi a concelleira de Deportes de Fene, Carmen Silvar,  a encargada de facelo este mediodía, acompañada de membros dos outros grupos municipais. Son os dous primeiros parques biosaúdables do Concello de Fene aos que lle seguirán en breve outros dous, no paseo marítimo de San Valentín e no Parque Castelao. Carmen Silvar destacou a utilidade destes aparellos e animóu aos veciños e veciñas a subirse neles para manterse en forma. Andar está ben pero podemos completar o bon estado de forma con este tipo de trebellos. Os parques biosaudables están pensados para persoas maiores de 14 anos.