Con optimismo, o Universitario chega a Madrid

Programa: 
A Bancada

Na primeira volta as ferrolanas impuxéronse ampliamente en Esteiro (68-53) pero daquel equipo apeouse no Nadal a norteamericana Mónica Blake (que promediaba 12 puntos e 10 rebotes) e, esta semana, a finlandesa Heta Korpivaara (17,5 puntos) que se marchou ao Canoe. Polo camiño chegou outra norteamericana, Dominique Redding, en fase de adaptación pero esta semana o equipo notará a ausencia de Korpivaara.

No Universitario de Ferrol hai fundado optimismo de traerse unha vitoria da capital de España, algo que non ocorreu esta tempada, tras unha semana de traballo marcada pola recuperación de Fatou Dieng. A base do conxunto ferrolano adestrouse suavemente desde o mércores e estará lista para saltar á cancha, aínda que, por precaución, viaxarán tamén as dúas bases do Uni "B", as juniors Silvia Tenreiro e Bea López.

O Uni tras gañar a domicilio hai 15 días ao Burgos, hai unha semana ofreceron toda unha demostración ante o Zamora ao que chegaron a gañar por 21 puntos (73-52) mediado o último cuarto. Fronte aos seus rivais desta tarde, o dominio na pintura pode facilitar o camiño cara á vitoria, un dominio no que Denisa Svarova pode ser determinante, non só neste partido, senón de face ao final de tempada.

O Pavillón do Canal de Isabel II será o escenario do encontro, mañá sábado, a partir das 19,00 horas, con arbitraxe dos colexiados Raúl Sánchez e Oscar Bravo, os dous do colexio madrileño.