ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Nova Escola sinala que a consulta sobre os idiomas que debe empregar o ensino carece do "máis mínimo rigor científico e metodolóxico". Indican que só cabe esperar un resultado, "o que desexa con vehemencia o goberno galego". Acusan ademais á Xunta de amosar "unha ignorancia total dos procedementos legais" e reivindican o papel dos órganos representativos, democraticamente elexidos". Preguntanse asemade por que se produce, logo, unha consulta que ignora absolutamente estes órganos de goberno, e por que exclusivamente para a lingua.
O movemento de renovación pedagóxica califica á consulta de "fraudulenta desde a súa mesma concepción e perversa desde o uso que se lle outorga ao concepto democracia para conseguir un obxectivo definido de antemán". Nova Escola afirma tamén que "desde un punto de vista estritamente pedagóxico, a enquisa tamén" é indefendible.