Convócase a quinta edición do Biblos, a plataforma para a mocidade escritora

Programa: 
Músicas e Letras

Poderán participar no Premio todas as mozas e mozos que ao rematar o ano 2009 non teñan cumprido os 25 anos e que, con independencia da súa orixe ou residencia posúan os fundamentos precisos en idioma galego para desenvolver nel unha obra narrativa de calidade. No Biblos-Pazos de Galicia non é preciso participar cunha obra rematada. Abonda con presentar unha memoria de entre 30 e 40 folios no que se deben incluir un capítulo que permita valorar o estilo do autor ou autora e unha exposición das características que terá a futura novela, achegando información sobre o argumento e as técnicas narrativas que prevé empregar.

O gañador obterá unha estadía dun mes nun establecemento da rede de Pazos de Galicia no que contará coa tutela dun autor de renome para aconsellalo na escritura final da súa obra. O texto resultante publicarase na colección Mandaio de Biblos.

A admisión de traballos pecharase o 16 de marzo. Deben remitirse ao enderezo Biblos Clube de Lectores. Quintá, 8-MANDAIO. 15391 Cesuras (A Coruña).