A cultura galega faise oco en Madrid

Programa: 
Músicas e Letras

“A idea xurdiu tras traballar na Feira do Libro de Madrid”, relata Diego, quen detectou naquel momento que existía un interese pola literatura galega que non estaba cuberto. Coida que os inmigrantes e os seus fillos seguen moi ligados á súa terra de orixe. “Nós, máis que morriña, sentimos unha inquietude profunda por Galicia”, explica o impulsor de Aturuxo.

Alén dos libros, Aturuxo aposta tamén pola música e artesanía, uns produtos que agardan poder achegar a clientes non vinculados con Galicia porque, asegura Diego Castelao, “son linguaxes universais”. No seu catálogo inclúense distintos materiais (olería, pel e coiro, pedra, acibeche) e distintos motivos (celtas, tradicionais, castrexos, petroglifos...), todos eles “identificados co celme da cultura galega”.