Dúas medallas de ouro e unha de prata

Programa: 
A Bancada

Pero esta non foi a única participación destacada das ximnastas fenesas no torneo celebrado o sábado 13 de maio no pavillón do Campus de Elviña. Segundo informa o club, a representación fenesa -atendendo ao reglamento do Torneo- foi de seis ximnastas, o máximo permitido. Así, tomaron parte no encontro: Alba González Gorgullo, Lola Caínzos Díaz e Andrea Martín Iglesias (Nivel 1_8 e 9 anos), Judith Lago Varela (Nivel 2_Maiores) e Paula Parada Rodríguez e Ainhoa Tenreiro Mosquera (Promogym 3).

“Todas as nosas ximnastas estiveron excelentes, a pesar dos nervios por ser o primer torneo do ano , amais de que se estreaban a maioría en categoría ou nivel de competición”, salienta o club en nota de prensa.

Neste Torneo participaron, ademáis do Club Ximnasia Ferrolterra, o club organizador que foi o Universidade da Coruña, o club escola Universidade Da Coruña, os clubes madrileños Aluche e Coslada, o de Badaxoz, o club Bled--Aix, o Bayo Sil do Bierzo, o club de ximnasia Tempo da Coruña e Sada e o club Real Grupo de Cultura Covadonga, de Gijón.
En próximas datas, un grupo de ximnastas do club fenés participarán no Torneo de categorías Promogym de Gijón, organizado polo RGC Covadonga,