A Denominación de Orixe Rías Baixas recolle a vendima máis elevada da historia

Programa: 
Comer en Galicia

Os traballos de recollida presentábanse este ano adelantados, por mor ás boas condicións climatolóxicas. Unha primavera moi cálida e seca, con temperaturas elevadas permitiu una magnífica floración do froito. Feitos que se traducen nun índice de fertilidade moi elevado, como amosan os datos de campaña. O Órgano de Certificación e Control destaca que as boas condicións meteorolóxicas durante o periodo de vendima permitiron que esta se dilatase no tempo todo o necesario, xa que todas as labores se realizan a man nesta denominación, e que transcurrira de forma selectiva e ordenada, rexistrando a uva un excelente estado fitosanitario na súa entrada a bodega, nas que se detectaron un bo grao alcohólico e unha acidez equilibrada.

Deste xeito, os 6.618 viticultores participantes na vendima puideron esperar o tempo necesario ata acadar a maduración óptima de cada parcela, buscando o momento idóneo, tanto desde o punto de vista vexetativo como sanitario, para a recollida do froito, cuxa abundancia permitiu que as 179 bodegas agotaran a súa capacidade de almacenaxe.“La profesionalización de los trabajos del viñedo es fundamental para el resultado final de los vinos en Rías Baixas, por eso, tanto bodegas como viticultores están asesorados en todo momento por los técnicos de campo de las diferentes empresas, por consultoras especializadas o, incluso por el departamento técnico de este Consejo Regulador” engadiu o xefe do Órgano de Certificación e Control, Agustín Lago.

Os 76 técnicos habilitados como veedores pola Consellería do Medio Rural, xunto a otros 5 veedores pertencentes ao Órgano de Control e Certificación, foron os encargados de supervisar a entrada de uva nas bodegas, os transportes de uva ou mosto entre subzonas e a vendima en fincas. Un total de 81 veedores que controlaron nas bodegas o peso das uvas, garantindo que o rendimento de produción máxima de uva por hectárea non exceda do establecido polo Consello Regulador. Para elo, fíxose imprescindible a tarxeta de viticultor inscrito persoal e intransferible, expedida polo propio Consello Regulador, onde se inclúen os datos do propietario, así como a cantidade de uva que poida vender por cada variedade. O uso de esta tarxeta foi o único medio aceptado polas bodegas para poder admitir uva destinada a elaborar viño con Denominación de Orixe Rías Baixas e serviu como documento acreditativo de transporte, en caso de que nalgún control a garda civil solicite a guía ou acta de transporte de uva.

Salnés, a subzona con máis recollida

Como vén sendo habitual, a campaña nesta denominación de orixe estivo protagonizada polas variedades autóctonas, sendo a albariño a maioritaria. Así, a albariño foi a de maior produción, con 40.053.733 quilos de uva, o que representa o 95,85% de toda a produción total. Séguenlle a loureira e a treixadura, con 488.920 e 488.103 quilos respectivamente, en variedades brancas. Respecto ás variedades tintas, a presente vendima supuxo a recollida dun total de 333.257 quilos de uva, que representan un 0.79% da produción total, sendo a variedade sousón a de maior produción.

Por subzonas, a maior cantidade de uva vinificada se obtivo, un ano máis, no Salnés, con 27.783.730 quilos, seguido por Condado, con 8.351.613 quilos; O Rosal, con 5.050.329 quilos; Ribeira do Ulla, con 578.056 quilos e Soutomaior, con 24.055 quilos.

O presidente do Consello Regulador, José Ramón Meiriño, sinala que “con los datos que tenemos en estos momentos podemos afirmar que estamos ante una gran cosecha, por lo que seguiremos trabajando desde este Consejo Regulador para abrir nuevos mercados para nuestros vinos”.