Elena Gallego completa a triloxía “Dragal”

Programa: 
Músicas e Letras

Nesta triloxía, Elena Gallego Abad aposta por mesturar unha fantasía que bebe da tradición galega cunha historia actual coa que se poden identificar aos rapaces de hoxe. En Dragal III. A fraternidade do dragón, os membros da Fraternidade de Dragal xa iniciaron o seu regreso co fin de cumprir co xuramento de sangue que fixeron os seus devanceiros na época medieval. Para que a profecía se cumpra, os sete cabaleiros teñen que reunir as claves da Ciencia Secreta na cripta do dragón e pechar o círculo da vida. Á media noite da primeira lúa chea do equinoccio de primavera, a luz da lúa penetrará na cripta do dragón para coller a súa barca funeraria e descender ao reino dos mortos, brindando unha promesa de resurrección co abrente. Será daquela cando se perpetuará a estirpe do dragón.