ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A obra divídese en tres apartados: os albores da loita feminista, os eixes temáticos que ocuparon as reivindicacións desde o seu nacemento (liberdade sexual, aborto, prostitución, violencia de xénero, traballo e economía solidaria) e, finalmente, os testemuños das mulleres que estiveron na fronte de batalla nos primeiros momentos. Inclúense no libro dez amplas entrevistas a María Xosé Queizán, Nanina Santos, Ana Fernández Puentes, Carmen Blanco, Sabela Mouriz, Tareixa Navaza, Rosa Bassave, Lupe Ces, Ana Míguez e María Xosé Agra. Precisamente dunha destas autoras, de María Xosé Queizán, é a expresión “Parir a liberdade” que dá título a esta obra.