Ferrín dimite

Programa: 
Músicas e Letras

A polémica saltou á luz pública despois das informacións publicadas polo ABC, acusando á Real Academia Galega de "presuntas contratacións irregulares de persoal".

 

Xosé Luís Axeitos, en entrevista publicada hoxe en La Voz de Galicia, afirma que o Instituto da Lingua Galega (ILG, pertencente á Universidade de Santiago de Compostela) e o Consello da Cultura Galega tentaron evitar que a Real Academia Galega presentase un recurso contra “o decretazo contra o galego”.

 

Como é sabido, a Real Academia Galega foi unha das entidades que si presentaron recurso, algo que nin o ILG nin o Consello da Cultura quixeron facer, a pesar de que esta norma decreta a prohibición do galego nas materias científico-técnicas e dá cobertura legal á desaparición do galego na educación infantil das cidades (de feito, no actual curso escolar, máis do 95% das escolas infantís urbanas declaran non impartiren nada en galego).

 

A Mesa pola Normalización Lingüística considera que ambas as institucións deben dar “explicacións urxentes” sobre as palabras deste membro da executiva da Real Academia Galega. A maior asociación cultural de Galiza, que foi a primeira en presentar o recurso contra o “decretazo” e a primeira en gañar a sentenza perante o TSXG, considera que “se hai xente nesas institucións máis interesada en facerlle a pelota a Núñez Feijóo que en defender o galego, o que deberían facer é dimitir canto antes, porque están a prexudicar tanto a esas institucións como ao conxunto da cultura galega. A corrupción ética tamén é reprobábel.