Galaxia publica ao Cunqueiro columnista

Programa: 
Músicas e Letras

Os artigos recompilados abranguen desde as súas colaboracións en A NOSA TERRA e NÓS, e os artigos anteriores á Guerra Civil publicados no xornal EL PUEBLO GALLEGO, ata os publicados na posguerra en revistas coma NORDÉS e GRIAL. "O mundo que teño de meu" achéganos dun outro xeito, ás veces mesmo íntimo e confesional, ao seu mundo literario máis auténtico. Un libro que ofrece, por vez primeira, textos de Cunqueiro que o gran público descoñecía e que nos confirma o que xa sabiamos: a grandeza do señor de Esmelle tamén nas distancias curtas.