Gosto das azeitonas

Programa: 
Sonsdenós

Un momento histórico na carreira da banda será o Concerto que comparten no 2006 con José Cid e Rui Veloso no Teatro Sá da Bandeira. En decembro de 2007 lanzan un noco CD “ Radio Alegría” que chega a ser considerado o segundo mellor disco do ano por unha radio luso-canadiana e a acaparar estrelas nas revistas musicais. Empezan a ser asíduos das radios e das televisións nacionais. Ata o punto que a canción “Quem és tu miuda” inclúese na telenovela de verán “Morangos com azucar” o mesmo que o tema “ Um Tanto ou Quanto atarantado” e “Tu pertences a min” na telenovela “Deixa-me Amar”, na TVI. Tamén no 2008 incluen “Falo Chinés” na telenovela “ Rebelde Way” da Sic. Os Azeitonas son os amos , musicalmente falando, das telenovelas coa inclusión da musica “Queixa a Cupido” en “Despertar” da TVI. Os Azeitonas gravan o terceiro traballo, o teledisco gratuito: “ Salao América” que podes escoitar en www osazeitonas.com.