Iñaki Alonso: O Racing de Ferrol ten un plantillón

Programa: 
A Bancada

Segundo o seu adestrador, os vascos non teñen nestas alturas da competición ningunha presión, pero sairán a gañar para manter ou aumentar a ventaxa que teñen na actualidade de 7 puntos sobre o segundo clasificado. Intentarán xestionar as urxencias do Racing en beneficio propio. Iñaki Alonso lembra os importantes reforzos do equipo de Ferrol no pasado mes de decembro. Iso e o recente cambio de entrenador xenera moitas obrigas.

O Real Unión lidera a clasificación da Segunda B de fútbol con 57 puntos. O Racing é séptimo con 41 puntos, a 3 dos postos de promoción. O partido co equipo vasco xogaráse o domingo ás 5 da tarde no estadio da Malata. A directiva do conxunto ferrolán declarou a 28ª xornada como Dia do Club. Os prezos das entradas oscilan para os abonados entre os 2 e os 10 euros. O público pagará de 10 a 25 euros.

 

Copa Federación

 

O Racing de Ferrol mediráse ao filial do Rayo Vallecano ás sete desta tarde no estadio de Nuestra Señora de la Torre. Trátase do partido de ida das semifinais da Copa Federación. A volta xogaráse o mércores da vindeira semana dia 11 ás seis da tarde na Malata. Pasar esta eliminatoria supoñería unha importante inxección económica para as arcas do club verde. O gañador da competición recibirá 90.000 euros, mentres que ao finalista se lle compensará con 36.000.