Ialma celebra dez anos de traxectoria cun cuarto disco

Programa: 
Músicas e Letras

O son tradicional característico das “cantareiras” se mestura con cancións, melodías e arranxos máis modernos, tendo coma resultado unhas cancións moi frescas e alegres, unha combinación intelixente entre tradición e pop. En Simbiose podemos atopar sons propios do rap ou influencias da música medieval, e tampouco faltan composicións propias impregnadas da enorme tradición musical de Galicia.

O primeiro single “Na Iauga” é unha melodía tradicional do Quebec e con ela Ialma invítanos a bailar e cantar. Esta mesma melodía pecha o disco cunha versión en francés “Pa´la catedral” que abre o actor galego Carlos Blanco. O disco tamén inclúe unha revisión á galega do clásico de The Bangles “Walk like an egyptian”, en Simbiose “Dance like a Galician”.

Ialma están ultimando a xira de presentación deste cuarto álbum que as levará por Bélxica, Alemaña e outros puntos de Europa. De momento non ten parada en Galicia, aínda que ás cantareiras gustaríalles. Os concertos mudarán en relación aos anteriores, xa que trocarán a súa estática posta en escena polo pasos que veñen de preparar xunto á coreógrafa italiana Katina Genero.