II Trofeo Concepción Arenal reivindica o fútbol feminino

Programa: 
A Bancada

Ademais, convidarase a todos os clubs con categorías femininas a que estean presentes con algún representante para poder sacar unha foto de reivindicación do deporte feminino na nosa cidade.

“Sempre nos acordamos do deporte feminino cando chegan as Olimpíadas pero despois se nos esquece e case queda invisibilizado durante catro anos”, lamentou Bruno Díaz, que convidou aos ferroláns e ferrolás a acudir a unha cita deportiva de alto nivel, dado a calidade do combinado de fútbol de Ferrol e os equipos da Coruña e xixón. Bruno Díaz non quixo deixar pasar por alto o seu agradecemento á delegación ferrolá de fútbol e ao comité de Árbitros.

Pola súa banda, a concelleira de Muller, Beatriz Sestayo, lembrou o compromiso acadado a semana pasada coa Secretaría xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para o impulso do deporte feminino en Ferrol, aproveitando para fecilitar ás deportistas olímpicas españolas e animou a asistir a este Trofeo, no que se cumpre o “compromiso” de que este trofeo tamén homenaxee a os principios impulsados pola propia Concepción Arenal.

Na rolda de prensa, as xogadoras do Deportivo María Gordo Perdiguero e Elvira García, fixeron entrega dun banderín do equipo ao Concello de Ferrol. Na rolda de prensa tamén asistiron en representación do Deportivo Aitor Prieto e Miguel García, así como os adestradores do combinado da selección de Ferrol, Álvaro Rodríguez e Alberto Fidalgo.