As Illas Canarias, principal destino turístico na Semana Santa

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

No que respecta aos destinos escollidos para pasar a Semana Santa, non hai destinos de moda nin orixinalidade. Os viaxeiros galegos procuran seguro de sol e calor e por iso marchan preferentemente ás Illas Canarias. Séguenlle, como destinos prediletos, as capitais culturais europeas, como Londres, Roma ou París, e, en menor medida, escóllenser cruceiros e viaxes transoceánicas ao Caribe ou Nova York. O representante de AGAVI lembra que viaxes como as lúas de mel mantéñense porque os noivos queren facer viaxes especiais e xa aforran con ese obxectivo. Ao final, os que deciden viaxar acaban gastando unha media de 900 euros nesta Semana Santa.