Jane Joyd actúa en Ferrol antes de pasar polo Festival Internacional de Benicàssim

Programa: 
Músicas e Letras

A música acústica de Jane Joyd móvese entre o folk americano e o pop, tomando como referencias a artistas como Bon Iver, Iron & Wine, Sufjan Stevens ou mesmo PJ Harvey. Definida por algúns como “un sopro de aire fresco” e “unha das grandes promesas” da música galega, na súa curta traxectoria xa actuou xunto a outros artistas como Matt Elliott, Greg Dulli, James Yuill e Basia Bulat.

No verán do 2010 Jane Joyd gravou a maqueta coa que gañou o Proyecto Demo nos estudios Abrigueiro de Arturo Vaquero. Catro temas (“The nigthmare”, “Try, try, try”, “My loneliness” e “Last days”) aos que Elba Fernández pode engadir xa novas composicións que, previsiblemente, verán a luz en forma de LP tras o verán.

Temas que naceron dunha catarse persoal da coruñesa, e que ela mesma non dubida en definir como orixinais e absolutamente persoais.