La Posada del Mar: Unha mariscada en Mugardos

Programa: 
Comer en Galicia
Comín en La Posada del Mar un cuarto quilo de percebes e un peixe sapo (rape) con chícharos e salsa de tomate. Todo adubiado cun viño Ribeiro Vilerma. Cobráronme 34 euros. Os pollicipes pollicipes estaban moi sabrosos, cun tamaño moi adecuado e propio para o padal. O peixe tamén rezumaba frescura e o sabor que lle sabe dar un mestre ou mestra cociñeira. Por todo iso La Posada é un lugar de peregrinaxe obrigado para todos os namorados dos productos do mar.