A lei Hadopi entra en vigor en Francia o 1 de xullo

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

A administración francesa anunciou que realizará rastreos aleatorios enviando correos electrónicos de advertencia a aqueles usuarios que descarguen arquivos. Logo mandaránlles un correo certificado, e o terceiro aviso consistirá na suspensión da conexión a Internet entre 6 meses e 1 ano. No período de suspensión, o usuario deberá seguir pagando a cuota marcada. Todo iso realizaráse sen intervención xudicial.

Segundo explicou a avogada Carolina Montero, nas Xornadas de software libre realizadas en Mugardos (A Coruña), o artigo 270 do Código Penal Español marca claramente que para incurrir en ilegalidade se debe "comunicar publicamente sen autorización unha obra intelectual, e que esa actividade se realice con ánimo de lucro". A legalidade de compartir arquivos veuse reforzada coa sentencia do Xulgado do Mercantil número 7 de Barcelona no pasado mes de marzo na que se indica que "cuando una persona descarga un archivo para su uso privado a través de las redes P2P, que son legales, ese mismo acto es perfectamente lícito, siempre que no haga uso lucrativo ni colectivo del mismo una vez obtenida la copia. Pero la mera obtención de la copia es un acto perfectamente legal" insiste o maxistrado. A letrada expresou a súa esperanza nunha normativa europea que protexa a liberdade dos usuarios. As VII Xornadas de Software Libre clausuráronse onte á tarde, organizadas pola asociación comunidade O Zulo e o Concello de Mugardos.