O atleta berciano Eduardo Valcarcel gaña a Media Maratón Adolfo Ros

Programa: 
A Bancada

A atleta Maria Cabada clasificouse en primeira posición na categoria feminina quen gañou por terceira vez esta proba. A deportista queixouse do percorrido establecido este ano por zonas escasamente habitadas como a rúa da Trincheira en vez do circuito tradicional pola estrada de Castela. Na categoría de discapacitados quedou en primeiro lugar Ivan Manuel Montero."Foi un éxito rotundo" afirmou satisfeito o alcalde de Neda Angel Alvariño, quen destacou o bó tempo que acompañou durante toda a xornada.

Escasa brisa

Caseque un milleiro de atletas populares correron a proba organizada en homenaxe ao deportista Adolfo Ros, os vinteun quilómetros que bordean a ría de Ferrol. O tempo seco e raiolas de sol acompañarón á carreira atlética nesta mañá de domingo.  Unha escasa brisa apenas molestou aos corredores ao cruzar a ponte das Pías, un dos tramos máis complicados noutras edicións da proba.
O dia foi moi bó para correr, o tempo ideal segundo o adestrador de atletismo Marcelo Serantes. As variacións no circuito ao seu paso por Ferrol introduciron certa sorpresa para os atletas habituais da Memorial Adolfo Ros. A carreira percorreu as rúas Venezuela, Adolfo Ros e Sartaña no Ensache, discurrindo logo pola estrada da Trincheira.

A moda do running

E hoxe visivel aos ollos de todos que correr é parte integrante de uma forma de estar na vida de millares de galegos. Sexa de mañá ou ao final da tarde, son muitos aqueles que reservan un espazo no seu dia a dia para realizar uma atividade que, alem de promover bem-estar e realización persoal, contribui tambén para un estilo de vida mais saudável: correr". O running é, nos dias de hoxe, e inegavelmente, muito mais do que simplesmente correr. Nos últimos anos, o exercicio físico pasou a formar parte do cotidiano dunha grande parte da poboació. Nunca antes se viu tanta xente a praticar deporte. E iso é otimo.