O blues da crecente, a musica dos escravos de Nova Orleáns

Programa: 
Músicas e Letras

O blues sempre foi a música dos escravos, e o libro do autor ferrolán alude tamén ás crecentes que anegaron Nova Orleans cando o furacán Katrina no 2005. Mario Regueira fala no seu libro da negritude e da música dos oprimidos. Mario Regueira naceu en Ferrol en 1979, licenciouse en Filoloxia Galega. Publicou o libro de relatos Rebelión no inverno,  a novela L´affiche rouge, e o poemario Tanxerina, co que gañou o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé en 2005.