O Centro Superior de Hostelería de Galicia participa na IV Semana Internacional de Gastronomía da Costa Esmeralda

Programa: 
Comer en Galicia

Neste evento, o profesor do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) fará una demostración de diferentes técnicas de cociña empregadas na elaboración de pratos galegos coma as empanadas e mariscos e o uso de produtos típicos coma o polbo, vieiras, filloas, queixos e castañas. A idea principal é de levar os sabores de Galicia para que estes poidan ser adaptados aos produtos do estado de Santa Catarina.

Esta invitación xurdiu tras unha visita ao centro por parte do presidente da Costa Esmeralda Convention Bureau, Luiz Otavio Lustosa, o pasado 19 de maio. Nesa ocasión, acordouse a participación na feira e o CSHG presentoulle unha proposta de formación e asesoramento para os profesionais desta rexión de Brasil.

A Semana Internacional de Gastronomía da Costa Esmeralda botou a andar no 2008 coa intención de fortalecer o turismo gastronómico en Brasil. A riqueza gastronómica de Galicia e a aposta decidida da comunidade por usar este potencial como un dos aspectos salientables na súa promoción turística animou á Costa Esmeralda Convention Bureau a contar co Centro Superior de Hostelería de Galicia nesta nova edición.
 
A programación da Semana Internarnacional é moi ampla e diversificada, con workshops e show cookings nos que participarán entidades, universidades e moitos cociñeiros de renome a nivel internacional como Edu Guedes, Celso Freire, Heiko Grabolle, Laurent Suaudeau, Flávia Quaresma, Bettina Orrico, Renato Machado, Claude Troisgross, Mônica Rangel, Olivier Anquier, Neka Barreto, Morena Leite, Alex Atala, Emmanuel Bassoleil, Luigi Tartari e Fabrice Lenud.