O concurso municipal de fotografía de Braga sobre espazos urbanos xa ten gañadora

Programa: 
Sonsdenós

"Os espazos urbanos rexenerados do centro histórico" foi o tema proposto pola Cámara de Braga para este sexto concurso de fotografía. O obxectivo principal, segundo os responsables da organización, foi o de "espertar o interese e a sensibilidade dos concorrentes sobre o centro histórico de Braga, realzando a importancia das operacións de rexeneración urbana desenvolvidas no ambito do proceso global para a súa salvaguarda e revitalización, traballo que ven sendo desenvolvido desde 1987, ano de aprovación do Regulamento Municipal de Salvaguarda e Revitalización do Centro Histórico da Cidade de Braga".

Ao concurso presentáronse un total de 50 participantes, dos que, ademais da vencedora, recibiron mencións especiais do xurado Rui Alberto Coimbra Fernandes Sequeira e Armando Rui Pereira de Oliveira.